Que facemos

En Facendo Camiño utilizamos o deporte como punto de encontro para coñecernos, compartir experiencias e crear comunidade.

Organizamos actividades deportivas e de lecer pensadas para persoas con diferentes niveis e experiencias. Non importa se practicas deporte habitualmente ou se simplemente queres probar algo novo: o importante é participar e desfrutar nun ambiente aberto, respectuoso e inclusivo.

Andainas

Saímos camiñar e descubrir diferentes espazos naturais mentres facemos actividade física e compartimos tempo en grupo.

Organizamos rutas con diferentes características e niveis de dificultade, indicando previamente a distancia, duración e esixencia de cada percorrido para que cada persoa poida decidir se se adapta a ela.

Voleibol

O voleibol é unha das nosas actividades habituais e un dos puntos de encontro da comunidade de Facendo Camiño.

Queremos crear un espazo no que aprender, xogar e mellorar progresivamente, independentemente da experiencia previa. Non é necesario ter xogado antes: hai sitio tanto para quen comeza como para quen xa ten experiencia.

Outras actividades

Tamén queremos probar, descubrir e compartir novos deportes. Por iso, ao longo do ano organizamos actividades puntuais que nos permiten achegarnos a diferentes disciplinas.

Ioga, surf, brilé e outras propostas forman parte dunha programación que irá medrando e cambiando segundo os intereses da comunidade.

E estamos abertos a novas ideas. Se practicas algún deporte, queres propoñer unha actividade ou simplemente che gustaría probar algo diferente, queremos escoitarte.

Máis que facer deporte

As actividades son a escusa perfecta para encontrarnos. En Facendo Camiño queremos que o deporte sirva tamén para coñecer persoas, crear vínculos e construír unha comunidade diversa e inclusiva.

keyboard_arrow_up