
Facendo Camiño é un colectivo que promove a inclusión das persoas LGTBIQA+ no deporte, creando espazos seguros nos que facer actividade física, coñecer xente e compartir experiencias.
Queremos que o deporte sexa un lugar para todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.









