Xornadas de portas abertas de voleibol

Tes ganas de probar o voleibol, facer deporte e coñecer xente nova? En Facendo Camiño organizamos dúas xornadas de portas abertas para que poidas achegarte, coñecer o grupo e desfrutar do deporte nun ambiente diverso, inclusivo e acolledor.

As xornadas terán lugar:

Mércores 16 de setembro, ás 20:30 h
Luns 21 de setembro, ás 20:30 h

A actividade está aberta tanto a persoas que xa practicaron voleibol como a aquelas que nunca xogaron e queren probar por primeira vez.

Non necesitas experiencia previa

O obxectivo destas xornadas é coñecernos, aprender e desfrutar do deporte en grupo. Non importa o teu nivel nin a túa experiencia: todas as persoas son benvidas.

Podes vir pola túa conta, aínda que non coñezas a ninguén. En Facendo Camiño queremos crear espazos deportivos seguros e inclusivos nos que facer actividade física, coñecer persoas e crear comunidade.

Para participar só necesitas roupa e calzado deportivo, auga e ganas de xogar.

Ven coñecernos!

Volei
Actividades
Seguinte entrada
Roteiro Monte Galleiro: 10 de outubro
keyboard_arrow_up