Da man do noso querido Xosé Viana (Tras os pasos da Moura), retomamos as nosas andainas nesta apertura de curso.
A actividade é unha ruta de sendeirismo de dificultade media, apta para persoas sen problemas de mobilidade.
O percorrido será de aproximadamente 8 quilómetros, cun desnivel acumulado duns 300 metros, que nos levará pola “lagoa” do Galleiro ata o cumio (734 msnm) e, se o día está claro, poderemos gozar dunha panorámica impresionante de Vigo e a Ría de Vigo.
Trátase dunha ruta circular, con saída e chegada no punto de encontro indicado máis abaixo, situado na aldea de Galleiro, parroquia de Nespereira (Pazos de Borbén). Durante o percorrido iremos con calma, facendo paradas para coñecer e interpretar os distintos elementos naturais, culturais e históricos que atoparemos polo camiño.
Desta volta faremos unha parada longa para xantar (cada quen terá que levar o seu).
Información da actividade
Hora de comezo: 11:00 h (prégase puntualidade)
Hora aproximada de finalización: 15:30 h
Distancia: 8 km
Dificultade: media
Recomendacións
Calzado axeitado para montaña ou sendeirismo.
Roupa cómoda e adaptada á climatoloxía, e bastóns ou elementos de apoio similares.
Algo para picar e auga (imprescindible).
