Para despedir outubro convidámosvos a facer unha sesión de ioga guiada ao aire libre, sempre que o clima o permita, e así gozar dunha mañá sen présas.
A actividade consiste nunha práctica de ioga de 75 minutos, guiada por Olaia L., profesora con ampla experiencia. Non importa o voso nivel, está pensada para que poida participar todo o mundo que queira.
É necesario levar unha esteira, roupa cómoda e algo para taparse ao final da práctica.
Información da actividade
Hora de comezo: 12:00 h
Hora aproximada de finalización: 13:15 h
Nivel: iniciación
Necesidades para a realización da actividade
Esteira
Roupa cómoda
Manta
